I encontro Galego de Consellos de participación infantil e adolescente Dinamización o encontro organizado por UNICEF-Galicia coa colaboración da dirección xeral de Familia da Xunta de Galicia.
“UNIVERSIDADE POPULAR“ Deseño e impartición de cursos de formación online relacionados coa animación sociocultural e organización de ludotecas, dentro da programación da universidade popular do Concello de Ourense
“CONVERSAS SOLIDARIAS“ Deseñamos un ciclo de conferencias relacionadas coa #solidariedade e o #voluntariado, para o Concello de Ourense no que participaron especialistas de ámbito nacional ofrecendo novos enfoques sobre a Responsabilidade Social Empresarial, as Finanzas éticas, a Financiación Europea ou o Marqueting social.
NOVOS CURSOS DE VOLUNTARIADO NO CONCELLO DE VIGO Deseñamos e impartimos para a Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de VIGO, unha oferta formativa que incluía temas como: Participación efectiva en eventos culturais e musicais Claves para un bo acompañamento a persoas maiores Xestión e manexo do estrés para persoas voluntarias Participación efectiva en actividades…
II encontro Galego de Consellos de participación infantil e adolescente Dinamización o encontro On-Line que organizou UNICEF-Galicia coa colaboración da dirección xeral de Familia da Xunta de Galicia.
ParTUIcipando Dinamización da participación infantil e adolescente no Concello de Tui Promovemos a participación cidadá de nenos, nenas e adolescentes na vida pública do concello, mediante a creación dun grupo estable de traballo, con carácter consultivo e informativo, en representación do conxunto da infancia e adolescencia do municipio
MOITO QUE CONTAR Dinamización do CAIA (Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia) Acompañamos aos nenos, nenas e adolescentes designados como vogais do CAIA neste espazo de traballo no que debaten, opinan e elaboran propostas para presentarlle aos organismos competentes.
Corta coas desigualdades Achegamos aos mozos e mozas do Concello de Santiago información sobre igualdade, coeducación, corresponsabilidade, conciliación e prevención da violencia de xénero así como técnicas do traballo audiovisual para que pudesen realizar unha curta coa que sensibilizar aos seus compañeiros/as. Youtube
“Louriña TV Escolar” Puxemos en marcha para a Concellería de Educación do Concello do Porriño unha canle de televisión escolar municipal por Internet. Un proxecto colectivo de innovación educativa, no que se implicaron todos os centros de ensino do Concello elaborando os seus propios programas de televisión. O lanzamento desta canle acompañouse de obradoiros de…
IGUALDADE: o mellor dos agasallos Elaboramos esta interesante campaña de promoción do xogo e xoguete non sexista e non violento para o Concello de Ribadavia, con actividades nos centros educativos, materiais para as familias e carteis para o comercio.
AGRESIÓN OFF_ Ponteareas Ofrecemos actividades de apoio e reforzo educativo, para reducir o desaxuste entre os horarios escolar e laboral, permitindo que sexan os propios pais/nais os que recollan os seus fillos/as unha vez rematen as actividades.
FAMILIAS TARDÍASPrograma de conciliación no Concello de Piñor. Ofrecemos actividades de apoio e reforzo educativo, para reducir o desaxuste entre os horarios escolar e laboral, permitindo que sexan os propios pais/nais os que recollan os seus fillos/as unha vez rematen as actividades.
ESCOLA DE EMPODERAMENTOConcello de Maside Organizamos sesións de traballo individual e grupal de APOIO PSICOSOCIAL para axudar na saúde emocional e reforzar o autocoidado e autoestima das mulleres, e tamén obradoiros de EMPODERAMANTO centrados no autocoidado con temas demandados polas propias mulleres participantes.
PLAN DE IGUALDADE para o concello de Bande Deseño e planificación dos obxectivos e actuacións a levar a cabo polo concello en materia de igualdade, contando coa participación e propostas da cidadanía do municipio co fin de cubrir as necesidades e demandas detectadas no diagnóstico realizado.
II PLAN DE IGUALDADEConcello de Maside Realización dun diagnóstico participativo da realidade do concello en materia de igualdade, co fin de definir os obxectivos e deseñar as actuacións concretas coas que tratar de acadar unha igualdade real e efectiva entre a cidadanía do concello.
PLAN LOCAL DE CORRESPONSABILIDADEConcello de Avión Os traballos consistiron en implementar un proceso participativo baseado na metodoloxía do Design Thinking, coa intención de xerar ideas, proxectos e iniciativas innovadoras que por en marcha no municipio, de cara a promover cambios positivos en materia de conciliación e corresponsabilidade.
Donec cursuec et tincidunt nulla, eget volutpat tortor lorem nulla dolor amet. Curabitur pharetra ac eros scelerisque tempor. Quis odio volutpat tellus sagittis, sed pharetra dolor suscipit.
Esta Web utiliza "cookies", pequeños ficheros de texto que se almacenan en su ordenador y que permiten un análisis de nuestro sitio web por parte de los visitantes. Para saber más, lea nuestra política de cookies.