Asesoramento estratéxico para unha transformación social inclusiva

Diseñamos plans de igualdade e infancia, xestionamos axudas e promovemos políticas sociais innovadoras.

Prestamos asistencia técnica no deseño, planificación, seguimento e avaliación de estratexias, plans, programas ou actuacións sociais realizadas nos ámbitos da infancia, mocidade, saúde, participación ou igualdade de xénero, aplicando a innovación social á definición das políticas públicas, con especial atención naqueles criterios que redunden en beneficio do conxunto da cidadanía.

Plans igualdade

Elaboramos documentos estratéxicos, con actuacións deseñadas a partir das evidencias recollidas nun diagnóstico de situación realizado de xeito participativo e dirixidas a promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en todos os ámbitos e a loitar contra a violencia de xénero.

Plans de infancia

Desenvolvemos plans de infancia adaptados ás necesidades e realidades da nosa comunidade, promovendo o benestar e os dereitos das crianzas a través de actuacións estratéxicas e participativas

Estudos de situación da infancia

Realizamos estudos exhaustivos da situación da infancia, recolectando información e análises participativas que nos permiten comprender e abordar as necesidades e desafíos específicos que enfrontan as crianzas na nosa comunidade.

Xestión de axudas e subvencións

Colaboramos na identificación, deseño e procura de financiamento para aqueles proxectos que repercutan da forma beneficiosa sobre a poboación e o territorio, podendo encargarnos da xestión integral e seguimento e avaliación dos mesmos.
Últimos proxectos