DIAGNÓSTICO DE SITUACIÓN DA INFANCIA

Concello de Moaña

Realizamos análises de situación da infancia que permiten comprender en profundidade o contexto social, territorial e institucional dos municipios desde unha perspectiva centrada nos dereitos da infancia. Desenvolvemos procesos rigorosos que combinan a análise documental, a recollida e interpretación de datos e a realización de entrevistas a persoal técnico e expertos, incorporando de forma clave a participación activa de nenos, nenas e adolescentes para garantir unha visión completa, contrastada e alineada coa realidade.

Contamos cunha ampla experiencia neste ámbito, tendo desenvolvido este tipo de diagnósticos en municipios como Porriño, Redondela, Tomiño, Ourense, Ponteareas, Tui e O Rosal, consolidándonos como a entidade de referencia na elaboración de estudos que fundamentan o deseño de políticas públicas eficaces, inclusivas e orientadas á mellora real da calidade de vida da infancia.