Asesoramento estratéxico para unha transformación social inclusiva

Diseñamos plans de infancia e de igualdade, realizamos diagnósticos, apoiamos na captación de fondos e promovemos políticas sociais innovadoras.

Acompañamos a administracións e entidades de todo tipo no deseño, planificación, implementación e avaliación de políticas públicas, desenvolvendo procesos baseados na análise de datos, a participación e a evidencia.

Especializámonos na elaboración de diagnósticos sociais e territoriais, plans de infancia e adolescencia, plans de igualdade e captación de fondos públicos, incorporando metodoloxías propias que garanten actuacións estruturadas, sostibles e adaptadas ás necesidades reais da poboación.

Plans de infancia

Somos unha consultora especializada no deseño, elaboración e acompañamento de Plans de Infancia e Adolescencia no ámbito local, aliñados cos criterios do programa de Cidades Amigas da Infancia de UNICEF e co enfoque de dereitos da infancia.

Desenvolvemos procesos integrais que abranguen desde a elaboración do diagnóstico previo ata a definición, planificación e avaliación das actuacións, garantindo a coherencia técnica e a viabilidade das propostas. Incorporamos metodoloxías participativas que aseguran a implicación real de nenos, nenas e adolescentes, así como dos diferentes axentes sociais e institucionais.

Os nosos plans están orientados á acción e á mellora efectiva das políticas públicas, definindo obxectivos claros, medidas concretas e sistemas de seguimento que permiten avaliar o impacto e avanzar cara á construción de municipios máis inclusivos, equitativos e comprometidos coa infancia.

Diagnósticos sociais e territoriais

Realizamos diagnósticos sociais e territoriais que permiten coñecer en profundidade a realidade da poboación e orientar o deseño de políticas públicas adaptadas ás necesidades do territorio. Desenvolvemos procesos de análise que combinan a recollida e interpretación de datos cuantitativos co traballo cualitativo e participativo, incorporando a visión da cidadanía ou dos diferentes axentes implicados.

Contamos con experiencia na elaboración de estudos en ámbitos como infancia e adolescencia, igualdade, saúde e benestar, participación cidadá ou dinamización comunitaria, abordando cuestións complexas desde unha perspectiva integral e contextualizada.

Estes procesos permiten identificar necesidades emerxentes, detectar factores de risco e protección, e definir prioridades de intervención, sentando as bases para o deseño de plans, programas e accións que melloren a calidade de vida das persoas e reforcen o desenvolvemento sostible das comunidades.

Xestión de axudas e subvencións

Colaboramos na identificación, análise e aproveitamento de oportunidades de financiamento, acompañando a concellos, asociacións, clubs e outras entidades na revisión de convocatorias de axudas procedentes de administracións como a Xunta de Galicia, Deputacións, Ministerios, FEMP, Obras sociais e fundacións.

Desenvolvemos proxectos adaptados ás bases de cada convocatoria e ás necesidades reais do territorio, prestando apoio na tramitación das axudas en ámbitos como mocidade, voluntariado, igualdade, conciliación, saúde, emprego e medioambiente, entre outros.

Ademais, podemos encargarnos da xestión integral dos proxectos financiados, incluíndo o seguimento técnico e económico, a xustificación e a avaliación, garantindo o cumprimento dos requisitos e a optimización dos recursos obtidos.

Plans igualdade

Elaboramos plans de igualdade como documentos estratéxicos orientados á transformación real das políticas públicas, baseados en diagnósticos de situación realizados de xeito participativo e na análise de datos que permiten identificar desigualdades e áreas de mellora.

Deseñamos actuacións adaptadas ás necesidades e características de cada entidade, dirixidas a promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes en todos os ámbitos, así como a previr e actuar fronte á violencia de xénero. Incorporamos unha perspectiva transversal de xénero que garante a integración da igualdade nas diferentes áreas de intervención municipal.

Ademais, acompañamos na implementación, seguimento e avaliación dos plans, definindo indicadores e mecanismos que permiten medir o impacto das actuacións e asegurar a súa continuidade no tempo.

Últimos proxectos