Atendendo á Convención dos Dereitos do Neno, sabemos que os nenos e nenas teñen dereito a ser escoitados e que as súas opinións deben ser tidas en conta por parte das persoas adultas (art. 12, CDI). Ademais, o principio do dereito ao interese superior do menor, lémbranos que os seus intereses deben ir por diante dos intereses adultos á hora de tomar decisións que lles afectan (art. 3, CDI). Con todo aínda queda moito camiño por percorrer ata ver garantidos estes dereitos, por iso traballar “desde, para e coa infancia e a adolescencia” é a principal característica dos proxectos que Atelier SOCIAL leva a cabo nos distintos concellos cos que colaboramos e nos cales facilitamos espazos de participación.
- Establecemos vías estables de comunicación, a través de órganos, espazos e canles impulsados polos poderes públicos a fin de escoitar a voz dos nenos, nenas e adolescentes.
- Favorecemos a participación de nenos, nenas e adolescentes en momentos puntuais, a través de procesos participativos ou de co-creación tanto na fase de diagnóstico, implementación e/o avaliación dunha actuación, como na de toma de decisións sobre cuestións que lles poidan afectar.
- Facilitamos a súa participación espontánea, con prácticas de corresponsabilidade, autoxestión e apropiación do espazo por parte dos propios nenos e nenas.