O 63 % das actuacións de promoción da saúde aprobadas polo Ministerio de Sanidade nos concellos galegos para o bienio 2026-2027 foron deseñadas por Atelier Social. 🧡
A resolución déixanos unhas cifras das que estamos especialmente orgullosos:
➡️ 100% das actuacións presentadas polo noso equipo, acadaron financiación
➡️ 31 das 49 actuacións aprobadas en Galicia foron deseñadas por Atelier SOCIAL.
➡️ Están vinculadas a concellos de diferentes puntos do territorio galego.
➡️ Suman 124.918 € de financiamento, 46 % do total dos fondos concedidos en Galicia nesta convocatoria.
Estes números son importantes, pero o máis relevante é falamos de iniciativas de envellecemento activo en Moaña, benestar emocional en A Laracha, alimentación saudable en Cenlle, prevención da fraxilidade e caídas en Piñor, hábitos saudables en Avión ou actividade física en Boborás,…
Realidades diferentes que requiren de respostas distintas, por iso, cando deseñamos un proxecto, partimos das necesidades de cada territorio e traballamos para convertelas nunha proposta sólida, viable e adaptada aos requisitos e criterios de cada convocatoria.
Porque captar financiamento vai máis alá de cumprimentar a solicitude. Require coñecer o territorio, definir ben a intervención, formular o proxecto con rigor e saber trasladar o seu valor.
Que todas as nosas propostas recibisen financiamento permítenos seguir facendo o que máis nos gusta: transformar necesidades en actuacións reais que chegan ás persoas e ao territorio.
Grazas aos concellos que confiades no equipo de Atelier Social para acompañarvos no deseño e captación de financiamento dos vosos proxectos. 🤝
Seguimos traballando para impulsar a promoción da saúde desde o ámbito local.











