Seguro que xa nos escoitáchedes falar do programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF, pero que implica ter este recoñecemento?
Cidades Amigas da Infancia é unha iniciativa de UNICEF España que impulsa políticas locais comprometidas cos dereitos de nenos, nenas e adolescentes e coa súa participación activa na vida do municipio.
Acadar este recoñecemento implica desenvolver unha política local de infancia estruturada e baseada na realidade do territorio. O proceso inclúe coñecer a situación da infancia e adolescencia, crear espazos estables de participación, coordinar ás distintas áreas municipais e deseñar un Plan Local de Infancia e Adolescencia con recursos, indicadores e seguimento.
Ademais, a iniciativa pon o foco en tres aspectos clave: demostrar avances na defensa dos dereitos da infancia, garantir unha participación significativa e inclusiva e traballar para eliminar calquera forma de discriminación.
Desde Atelier Social acompañamos ás entidades locais durante todo este proceso: desde a diagnose e os procesos participativos ata a elaboración do Plan de Infancia, ou preparación da candidatura.
🤝 Se no voso concello estades valorando iniciar este camiño cara ao recoñecemento Cidade Amiga da Infancia, podemos axudarvos a darlle forma e desenvolvelo con garantías. Contáctanos











