As actividades de lecer, deporte e tempo libre son espazos fundamentais para o desenvolvemento dos nenos, nenas e adolescentes. Pero para que sexan espazos de crecemento real, deben ser contornas seguras e protectoras.
A entrada en vigor da LOPIVI esixe ás administracións locais e entidades contar con medidas e protocolos claros para previr, detectar e actuar ante calquera situación de risco ou violencia.
Dende Atelier SOCIAL acompañamos a equipos técnicos e de goberno para transformar esta obriga nunha ferramenta práctica de coidado e calidade:
🔸 Servizo de información e asesoramento especializado para concellos e entidades.
🔸 Formación adaptada para persoal técnico, equipos de monitores/as, adestradores/as, persoas voluntarias.
🔸 Recursos e deseño de protocolos de protección axustados á realidade de cada entidade/actividade.
Garantir a seguridade da infancia tamén implica dotar aos equipos profesionais das ferramentas legais e técnicas necesarias para actuar con certeza e rigor.
Queres adaptar as actividades do teu concello ou entidade? 🤔
👉 Escríbenos para darche máis información.











