Deseñamos, xestionamos e facilitamos procesos nos que as dinámicas de participación son unha ferramenta para o desenvolvemento dos colectivos e como un mecanismo de mellora social para a cidadanía.
Promovendo a participación cidadá para unha sociedade inclusiva
Participación infantil
Acompañantes na participación infantil
A nosa mirada é a de acompañantes que axudan a tecer redes e facilitar procesos nos que os nenos, nenas e adolescentes son os verdadeiros protagonistas, promovendo unha participación real e significativa a través da creación de espazos seguros, accesibles e adaptados ás súas necesidades.
Traballamos con ferramentas e metodoloxías propias que permiten desenvolver procesos estruturados, avaliables e sostibles no tempo, garantindo que as súas achegas se incorporen de maneira efectiva na toma de decisións e no deseño das políticas locais, afastándonos de enfoques puntuais ou meramente consultivos e apostando por dinámicas continuadas nas que a voz da infancia ten un impacto real a nivel municipal.
Cidades amigables
Voluntariado
Fomentamos o voluntariado como unha ferramenta clave de participación cidadá e implicación social, acompañando ás administracións públicas no deseño e desenvolvemento de proxectos de voluntariado estruturados, sostibles e aliñados coas necesidades e demandas reais do territorio, a partir de procesos de análise e diagnóstico.
Traballamos na creación, posta en marcha e dinamización de programas municipais de voluntariado, abordando todo o proceso: desde a definición do modelo e os obxectivos, ata a captación, formación e dinamización das persoas voluntarias.
Facilitamos espazos de coordinación e participación que fortalecen as redes comunitarias, promovendo a corresponsabilidade cidadá e contribuíndo á construción de comunidades máis inclusivas, cohesionadas e comprometidas co territorio.








