Estamos convencidos do importante impacto social, económico e ambiental que os ODS exercen na sociedade actual, mellorando a contorna e a calidade de vida das persoas.
Dende Atelier SOCIAL contribuímos con solucións creativas e innovadoras que teñen impacto positivo no desenvolvemento sostible e na transformación social.
Os nosos servizos constitúen un espazo privilexiado desde o que promovemos valores como a igualdade de xénero, a non-violencia e a non discriminación; son espazos desde os que impulsamos o rexeitamento aos discursos do odio, desenvolvemos conciencia ambiental e fomentamos actitudes de participación democrática e activa na sociedade.