En Atelier SOCIAL estamos convencidos do impacto social do voluntariado. Por iso, colaboramos con distintas administracións locais no deseño e xestión de proxectos de acción voluntaria
TANDEM é un proxecto de voluntariado interxeracional que combina a experiencia, coñecementos e recordos das persoas maiores, coa inquietude, curiosidade e manexo das novas tecnoloxías que teñen as persoas mozas.
Neste caso deseñamos un proxecto para o Concello de Cenlle que foi financiado pola Xunta de Galicia, e posteriormente encargámonos de coordinar e acompañar as persoas voluntarias na recollida e catalogación de información relativa ao seu concello para facer un mapa emocional que, ademais de almacenar recursos turísticos como os patrimoniais ou culturais, recollía tamén historias, tradicións, fotografías antigas, feitos históricos acontecidos no seu concello, referencias a personaxes famosos…
Moita desta información xa estaba unicamente na memoria das persoas maiores, e grazas e este proxecto puidemos recuperala antes de que se perdese, poñéla en valor e convertela nun valor turístico máis para a o senosa vila.
Aquí podes ver un resumo AQUI