A soidade non desexada é unha emerxencia social que afecta de xeito silencioso a milleiros de persoas cada día. Non entende de idades nin contextos
En España, unha de cada cinco persoas séntese soa, maioritariamente mulleres. As consecuencias son profundas: impacto emocional, deterioro físico, illamento dixital e unha desconexión progresiva co entorno.
Por que debemos actuar?
Porque a soidade non desexada ten raíces estruturais, e a súa prevención debe comezar dende as políticas sociais, educativas, sanitarias, culturais e mesmo urbanísticas.
Non se trata só de acompañar: trátase de reconstruír a conexión social e garantir o dereito a sentirse parte dunha comunidade.
A boa nova é que xa existen propostas claras, concretas e viables coma este decálogo para actuar dende o público.
Dez claves para combater a soidade non desexada dende as políticas públicas
- Incluír a soidade nas políticas existentes
Avaliar os programas sociais, culturais ou educativos preguntando: fomentan a conexión ou reforzan o illamento? - Impulsar un enfoque transversal
Dende o urbanismo ata a sanidade, todas as áreas poden contribuír á prevención da soidade se traballan de forma coordinada. - Actuar no individual e no comunitario
O acompañamento persoal e as redes veciñais deben ser piares complementarios. - Traballar dende a proximidade
Deseñar medidas adaptadas a barrios, vilas e aldeas, escoitando a quen vive neles. O local importa. O comunitario transforma. - Innovar e experimentar
Non hai solucións únicas. Proxectos piloto, conectores comunitarios ou plataformas dixitais poden formar parte do cambio. - Colaborar con todos os actores
Concellos, entidades sociais, tecido veciñal, administracións autonómicas e empresas. A loita contra a soidade é colectiva. - Sensibilizar e formar
A soidade tamén se combate abrindo a conversa. Cómpre formar profesionais e eliminar o estigma. - Previr antes que intervir
A prevención é máis eficaz, máis humana e máis sostible. Especialmente en contextos como o rural, o envellecemento ou a dependencia. - Basearse na evidencia
Medir, investigar, compartir boas prácticas. Saber máis é actuar mellor. - Atender á diversidade de contextos
Non é o mesmo vivir só nunha cidade ca nunha aldea. As políticas deben adaptarse á realidade social e xeográfica.
A soidade é unha cuestión que se pode abordar dende o ámbito local integrando a problemática
- No deseño de actividades culturais ou interxeracionais
- Nos servizos comunitarios ou de voluntariado
- Nas políticas de saúde, benestar ou envellecemento activo
Desde Atelier Social, acompañamos a entidades e administracións no deseño de actuacións que fomenten vínculos reais, espazos compartidos e redes de coidado que non deixen a ninguén atrás.
Se estás pensando en abordar esta problemática no teu territorio, podemos acompañarte, escríbenos.