Solucións para que podas prestar mellores servicios as persoas Poñemos a innovación ao servicio da transformación social
Somos unha empresa galega con mais de dez anos de experiencia na posta en práctica de solucións para que entidades e administracións poidan prestar mellores servizos as persoas.
Contamos cunha equipa composta por profesionais do ámbito social, que nos permite ofrecer servizos integrais e innovadores, construídos dende miradas e perspectivas diferentes, adaptándonos á realidade na que se enmarca cada unha das intervencións, e que traballa cada dia para promover o benestar das persoas e a transformación social da comunidade.
Creemos que existe outra forma de facer.
Responsable: Participando do desenvolvemento e transformación social da nosa comunidade.
Igual: Incorporando a equidade na xestión da nosa empresa e favorecendo a igualdade a través de cada unha das nosas actuacións.
Calidade: Buscando a mellora continua na xestión e desenvolvemento dos nosos servizos.
Profesional: Apostando pola eficacia, eficiencia, efectividade e sobre todo, pola honestidade.
Adaptado: Achegándonos as distintas realidades e necesidades de cada cliente ou territorio.
Solucións para poder prestar mellores servicios as persoas. Poñemos a innovación ao servicio da transformación social
Por que escollernos?
Un equipo innovador, versátil e creativo comprometido coa transformación
Somos un equipo innovador, versátil e creativo. Estamos en constante formación e reciclaxe, buscando estar na vangarda das últimas tendencias e novidades no ámbito social. A nosa capacidade de adaptación e a nosa predisposición para explorar novas formas de abordar os desafíos sociais permiten que ofrezamos solucións frescas e axeitadas a cada situación.
Eficiencia
Axudámoste a obter resultados máis rápidos e eficientes.
Compromiso
Estamos comprometidos coa mellora da comunidade que servimos.
Profesionalidade
Traballamos con rigor e experiencia para ofrecer servizos de alta calidade.
Innovación
Exploramos novos camiños e solucións para impulsar o cambio social.
Flexibilidade
Adaptámonos ás necesidades cambiantes dos nosos clientes e usuarios.
Empatía
Colocámonos no lugar das persoas para comprender as súas necesidades e realidades.
Solucións para que podas prestar mellores servicios as persoas. Poñemos a innovación ao servicio da transformación social
Confían en nos
Testimonios
Atelier é do mellor que se pode atopar na realización de proxectos sociais e educativos. A resposta é rápida e axeitada ante a solicitude de propostas. O persoal que aporta está ben formado e capacitado. A resolución de dificultades ó longo dos proxectos sempre é solventado con calma, bo asesoramento e solucións. A nivel de execución de proxectos para a administración local, do mellor que me teño atopado.
Tania Rodriguez Psicóloga – Educadora Familiar Concello de Piñor
Levamos mais de 10 anos traballando con esta empresa, levando as actividades de promoción e sensibilización contra a violencia de xénero, os campamentos de verán e actividades de conciliación, actividades lúdicas e de ocio dentro das diversas actividades realizadas polo concello, e so cabe dicir a profesionalidade e seriedade dos seus responsables e traballadores. Contar con eles é sinónimo de que sabes que todo vai sair ben e non ter ningún problema.
María Almeida Educadora Social Concello de Lobios
Son moitos os anos que levo colaborando con Altelier, e sobre todo o que podería destacar a calidade do seu equipo, dinámico, atento e resolutivo, do cal sempre recibín apoio e recoñecemento. A través desta colaboración déronme a coñecer na miña contorna e axudáronme a continuar colaborando coa administración pública, o que favoreceu ao meu crecemento persoal e profesional. Aproveito para agradecerlles que sigan contando con pequenas empresas como a nosa, facéndoas máis visibles dentro do sector e por que fagan tan fácil o desempeño dos nosos servizos.
Ana B. Araujo Directora Técnica A&A Consultoría
Como becaria FEUGA en Atelier SOCIAL descubrín unha nova forma de crecer profesionalmente, un lugar onde as ideas transfórmanse en realidades. Ademais de facerme sentir valorada, e unha profesional máis, cabe destacar o trato de cariño e apoio que recibes por todas as persoas do equipo, nunca falta quen che tenda unha man. Por todo isto, e máis, volvería a vivir esta experiencia unha e mil veces máis.
Esta Web utiliza "cookies", pequeños ficheros de texto que se almacenan en su ordenador y que permiten un análisis de nuestro sitio web por parte de los visitantes. Para saber más, lea nuestra política de cookies.