Programas de intervención social para unha sociedade xusta e igualitaria

Dende a educación social, promovemos a xestión de servizos, a sensibilización en igualdade e a promoción de estilos de vida saudables e a conciliación.

Prestamos asistencia técnica no deseño, planificación, seguimento e avaliación de estratexias, plans, programas ou actuacións sociais realizadas nos ámbitos da infancia, mocidade, saúde, participación ou igualdade de xénero, aplicando a innovación social á definición das políticas públicas, con especial atención naqueles criterios que redunden en beneficio do conxunto da cidadanía.

Xestión de servizos

Proporcionamos solucións flexibles e áxiles para atender as necesidades das persoas beneficiarias

Sensibilización en materia de igualdade

Deseñamos materiais e campañas de sensibilización sobre igualdade e contra a violencia de xénero en todo tipo de soportes e para todo tipo de públicos.

Conciliación

Traballamos para fomentar a conciliación entre a vida persoal, laboral e familiar, ofrecendo programas e servizos que axuden a crear un equilibrio saudable e harmonioso.

Estilos de vida saudables

Promovemos a adopción de estilos de vida saudables, fomentando hábitos e comportamentos que contribúan ao benestar físico e emocional das persoas.
Últimos proxectos