Falar de diversidade afectiva, sexual e de xénero é falar de dereitos. E falar de dereitos é falar de políticas públicas
As persoas LGTBI+ viven en todos os territorios, tamén nos concellos máis pequenos. Con todo, moitas veces non se ven recoñecidas nas políticas locais e enfróntanse a dificultades para vivir a súa identidade con naturalidade e seguridade.
No ámbito rural, a falta de referentes, de recursos especializados ou mesmo de mensaxes inclusivas pode derivar en illamento, medo ou invisibilidade social.
Desde Atelier Social acompañamos a concellos que queren avanzar cara a un modelo máis inclusivo, realista e coherente coa pluralidade da súa veciñanza.
Algunhas claves
1. Ver a diversidade como enfoque, non como excepción
Non se trata de crear unha área específica, senón de integrar a diversidade en todas as políticas municipais: cultura, saúde, mocidade, educación, urbanismo…
2. Apostar pola visibilidade sen folclore
Datas como o 28 de xuño son importantes, pero non abonda cun acto puntual ou un lazo na fachada. A diversidade precisa continuidade, coherencia e compromiso.
3. Garantir espazos seguros
As persoas LGTBI+ teñen dereito a vivir no rural sen medo. Iso inclúe acceso a servizos, representación nas accións municipais e recoñecemento institucional.
4. Formar ao persoal municipal
Contar con equipos sensibilizados, con coñecemento básico en diversidade, marca a diferenza na atención e na confianza que xera a administración.
5. Traballar en rede desde o territorio
Impulsar colaboracións con centros educativos, entidades sociais ou colectivos LGTBI+ permite crear accións adaptadas e sostibles, con impacto real na comunidade.
Mais que un reto, unha oportunidade real
A diversidade non é exclusiva do ámbito urbano. Todos os territorios poden e deben ser espazos de respecto, visibilidade e coidado.
Non se trata de contar con grandes recursos, senón de vontade política, planificación e coherencia.
Desde Atelier Social acompañamos aos concellos que queren dar este paso, deseñando accións adaptadas ao contexto local, con propostas útiles, viables e respectuosas coa diversidade da súa cidadanía.
Se queres avanzar cara a políticas municipais máis inclusivas, falamos.