Garantir o benestar da infancia vai máis alá dos centros educativos. Actividades extraescolares, deportivas, campamentos, obradoiros, ludotecas ou espazos de tempo libre tamén forman parte do día a día de nenos e nenas.
A nova Lei Orgánica de Protección Integral á Infancia e á Adolescencia fronte á Violencia (LOPIVI), obriga a todos os axentes sociais e institucionais a actuar: protexer, coidar e previr calquera forma de violencia.
E si: isto tamén afecta directamente á educación non formal e ao ámbito local.
Que é a LOPIVI?
É unha lei estatal que busca previr a violencia contra a infancia e adolescencia en todos os ámbitos, non só no fogar ou na escola.
Esta normativa:
· Obriga a crear contornas seguras e protectoras
· Establece protocolos de prevención e actuación
· Introduce a figura do coordinador/a de benestar e delegado de protección
· Afecta a todas as entidades públicas e privadas que traballan con menores
Tamén na educación non formal
· En programas municipais de conciliación ou verán
· Obradoiros culturais e actividades deportivas
· Entidades sociais que traballan con infancia e adolescencia
· Calquera actividade con menores de idade fóra do sistema educativo formal
Se traballas nun concello, club, asociación ou empresa que organiza actividades para menores, a LOPIVI tamén che afecta.
Que implica crear contornas seguras?
Unha contorna segura non é só un espazo sen violencia. É un lugar onde:
· As persoas adultas están formadas e sensibilizadas
· Existen protocolos claros e coñecidos por todo o equipo
· A infancia pode expresarse sen medo
· Hai vixilancia activa do benestar físico e emocional
· O bo trato é un criterio básico en todas as acción
Desde Atelier Social traballamos para que concellos e entidades poidan aplicar a LOPIVI de forma realista e adaptada ao seu contexto.
Ofrecemos:
- Revisión e redacción de protocolos de protección
- Formación práctica para persoal técnico, monitores/as e persoas voluntarias
- Asesoramento para incorporar a perspectiva de protección en programas educativos e sociais
- Acompañamento na implementación de medidas asumibles
Protexer dende o territorio é posible
A LOPIVI é unha oportunidade para mellorar a calidade das políticas públicas e do traballo social con infancia.
Cando unha entidade aposta por crear contornas seguras, está a:
- Reforzar a confianza da comunidade
- Previr riscos graves
- Coidar o equipo humano
- Promover o benestar integral da infancia
Se traballas con menores, esta lei tamén é para ti
En Atelier Social podemos axudarche a cumprir coa LOPIVI sen complicacións, con ferramentas prácticas e adaptadas ao teu contexto.
Fagamos realidade o dereito das nenas e nenos a crecer seguros.